inscrición

O proceso de inscrición pódese facer dun destes dous xeitos:

Unha vez solicitada a inscrición por un dos dous medios explicados arriba, será mester facer unha transferencia á conta bancaria da Asociación MANAIA indicando nome e apelidos completos. O número de conta pódese atopar ou ben no formulario ou no email de confirmación da inscrición.

É mester lembrar que hai distintos prezos que dependen de distintas circunstancias:

  • Asistencia un ou dous días
  • Modalidades de prezo reducido (estudantes, persoas socias de Manaia e asociacións afíns ou persoas desempregadas)
  • Uso da ludoteca pra as rapazas e rapaces.

Os prezos inclúen:

  • Materiais do congreso
  • Pausas do café
  • Comidas
  • Interpretación en lingua de signos (é mester indicalo ao facer a inscrición)

A sala ten un AFORO LIMITADO polo que a inscrición se fará por rigorosa orde de chegada da solicitude e o ingreso bancario. As inscricións de dous días terán preferencia sobre as de un día.

Lugar de celebración: O congreso terá lugar no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra (r/ Alexandre Bóveda s/n, Pontevedra):