Son tempos difíciles, complicados, diferentes… pero en MANAIA non estamos dispostas a deixarnos vencer e, do mesmo xeito que nos activamos e adaptamos ás actividades virtuáis, tivemos claro que este 4º Congreso Galego de Adopción e Acollemento tiña que ser. E tiña que ser de xeito presencial, como símbolo do noso desexo de voltar á verdadeira esencia da Asociación.”
Este virus non vai conseguir que abandoemos o noso profundo compromiso ca mellora do sistema de protección de Galicia, o noso claro propósito de que as nenas, nenos e adolescentes que teñen que circular por el o fagan nas mellores condicións posibles. E por iso, sempre dentro das normas sanitarias máis rigurosas, queremos voltar compartir presencialmente momentos de aprendizaxe e reflexión, de coñecemento, de difusión, de experiencias e de loita.
Sabendo o importante que nestes tempos son as cousas pequenas, as voces propias, as experiencias persoáis… queremos, neste congreso, dar voz as persoas que realmente protagonizan a adopción e o acollemento. Por iso contamos este ano cunha maioría de relatoras que transitaron polo sistema, sendo acollidas ou adoptadas ou ambas dúas, e tamén con algunhas das familias que as acompañan neses procesos. En definitiva, este ano, o noso congreso quere falar en primeira persoa.
Por outra banda somos conscientes de que as condicións sanitarias poden empeorar e non permitir a presencialidade, por elo contamos cun plan B que permitiría, no caso de ser necesario, seguir o Congreso de xeito virtual.
Animádevos, temos moitas ganas de chocar os cóbados con todas vós!!!