Rematado o 2º Congreso Galego de Adopción

Cunha afluencia de persoas inscritas superior á do primeiro Congreso, desde a organización consideramos este segundo un éxito e queremos dar as grazas a toda a xente que asistiu tanto como relator ou relatora ou interesadxs asistentes.

En cando poidamos colgaremos por aquí a ligazón aos vídeos e das diferentes seccións e intervencións.

Obradoiro voluntario para adolescentes (a partir de 12 anos) na ludoteca do 2º Congreso Galego de adopción

Sábado 16 ás 16:00 horas. Os nenos e nenas que participen han de estar inscritos na ludoteca.

Compartindo a miña historia

Laura Heckel. Adoptada adulta que xa fixo a súa busca de orixes. Socia co-fundadora de La Voz de los Adoptados.

Laura participou de xeito voluntario en obradoiros, campamentos con nenas, nenos e adolescentes adoptados, e outras actividades en Segovia, Valladolid, Madrid… sempre compartindo desde o seu punto de vista como adoptada a súa experiencia persoal. Nesta ocasión, xa convertida en nai, quere compartir cas rapazes e rapaces a súa experiencia e charlar con eles de forma moi informal sobre as dúbidas, medos e anécdotas que lle pasaron como adoptada de orixe colombiana. A experiencia dinos que as persoas adolescentes adoptadas ábrense e comparten dunha forma moi distinta as súas vivencias e sentimentos se o adulto que teñen diante é adoptado e viviu cousas parecidas a eles.

“Estes obradoiros coas nenas, nenos e adolescentes, son a razón pola que levo oito anos traballando voluntariamente e compartindo a miña historia, son impagables eses momentos compartidos e as aprendizaxes que eu obteño con eles. É impagable ver as súas caras e como buscan esa complicidade.”

Laura estará acompañada por Xabier, adoptado adulto, Secretario de La Voz de los Adoptados e socio de MANAIA.

O falado polos nenos e nenas neste obradoiro será tratado de xeito confidencial e non transcenderá a reunión.

Voltamos co 2º Congreso Galego de Adopción

Xa estamos aquí!!!

Custou pero por fin vos presentamos o 2º Congreso Galego de Adopción. Deixámosvos aquí o cartel en JPEG e tamén en PDF e animámosvos a participar e a darlle toda a difusión que poidades.

No menú de enriba atoparedes información sobre o programa, inscrición, relatoras e tamén podedes ver á dereita información sobre a xuntanza de familias adoptivas.

Ficarán por aquí aínda as noticias do 1º Congreso Galego de Adopción e iremos publicando algunhas novas máis.

Un saúdo.

Rematado o Congreso Galego de Adopción

Esta fin de semana tivo lugar o Congreso Galego de Adopción no Pazo da Cultura de Pontevedra. Tamén tivo lugar o domingo a Xuntanza para familias adoptantes. Queremos dar as grazas a todas as persoas que asistiron, ás relatoras e ás que axudaron a facelo posible, en especial a Manaia.

Rematado o prazo para a inscrición anticipada

Desafortunadamente pasou o prazo da inscrición anticipada. Os prezos a partir de hoxe están incrementados respecto á inscrición anticipada en aproximadamente 20€. Quedan como segue:

  • Venres e sábado 70€
  • Venres e sábado (estudantes, persoas socias de MANAIA ou asociacións de CORA ou desempregadas) 50€
  • Só sábado 40€
  • Só sábado (estudantes, persoas socias de MANAIA ou asociacións de CORA ou desempregadas) 20€

Podedes facer a inscrición no formulario web do congreso.

Lembrámosvos tamén que segue aberta a inscrición para a xuntanza do domingo 31, á que podedes apuntarvos aquí.

Finalización da inscrición anticipada este venres

Este venres ás 23:59 finaliza o periodo de inscrición anticipada no Congreso Galego de Adopción. A partir do sábado 16 ata o 28 de maio os prezos incrementaranse aproximadamente 20€ e serán os seguintes:

  • Venres e sábado: 70€
  • Venres e sábado (estudantes, persoas socias de MANAIA ou asociacións de CORA ou desempregadas): 50€
  • Só sábado: 40€
  • Só sábado (estudantes, persoas socias de MANAIA ou asociacións de CORA ou desempregadas): 20€

Aínda estades a tempo de apuntarvos. Podedes facelo na sección de inscrición desta web do Congreso.

Rolda de prensa

O 12 de maio tivemos a rolda de de prensa sobre o Congreso na Casa Azul de Pontevedra. Isto deunos eco nos medios cos seguintes titulares: