Que é MANAIA?
MANAIA, Asociación Galega de Adopción e Acollemento, é unha asociación fundada en xuño de 2006 por iniciativa dun grupo de familias adoptantes en Galicia.
MANAIA xorde co obxectivo de ser un punto de encontro próximo, de opinión, información e apoio para todas aquelas persoas que adoptaron ou estean emprendendo o camiño da adopción ou o Acollemento desde Galicia. Nela teñen cabida tanto as familias que están comezando os trámites, como os que xa adoptaron ou acolleron, ou calquera persoa que se sinta sensibilizada ca adopción ou o acollemento.