Skip to main content
Uncategorized

Obradoiro voluntario para adolescentes (a partir de 12 anos) na ludoteca do 2º Congreso Galego de adopción

By 11 septiembre, 2017No Comments

Sábado 16 ás 16:00 horas. Os nenos e nenas que participen han de estar inscritos na ludoteca.

Compartindo a miña historia

Laura Heckel. Adoptada adulta que xa fixo a súa busca de orixes. Socia co-fundadora de La Voz de los Adoptados.

Laura participou de xeito voluntario en obradoiros, campamentos con nenas, nenos e adolescentes adoptados, e outras actividades en Segovia, Valladolid, Madrid… sempre compartindo desde o seu punto de vista como adoptada a súa experiencia persoal. Nesta ocasión, xa convertida en nai, quere compartir cas rapazes e rapaces a súa experiencia e charlar con eles de forma moi informal sobre as dúbidas, medos e anécdotas que lle pasaron como adoptada de orixe colombiana. A experiencia dinos que as persoas adolescentes adoptadas ábrense e comparten dunha forma moi distinta as súas vivencias e sentimentos se o adulto que teñen diante é adoptado e viviu cousas parecidas a eles.

“Estes obradoiros coas nenas, nenos e adolescentes, son a razón pola que levo oito anos traballando voluntariamente e compartindo a miña historia, son impagables eses momentos compartidos e as aprendizaxes que eu obteño con eles. É impagable ver as súas caras e como buscan esa complicidade.”

Laura estará acompañada por Xabier, adoptado adulto, Secretario de La Voz de los Adoptados e socio de MANAIA.

O falado polos nenos e nenas neste obradoiro será tratado de xeito confidencial e non transcenderá a reunión.