Irati Vidán Navarro
Crieime en centros de protección (pisos de acollida residencial) onde transcorreu parte da miña infancia e toda a miña adolescencia. Unha experiencia con luces e sombras que non parei de observar. Isto levoume a impulsar unha das primeiras asociacións de persoas que pasamos polo sistema, para unir voces e ser escoitadas.