Skip to main content

Victorino Escamilla

Victorino Escamilla

Educador Social de formación e vocación, con máis de vinte anos de traxectoria no ámbito da protección á infancia e o apoio ás familias. É vicepresidente da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia e coordinador xeral da Fundación Educativa e Social Dignidade, entidade que xestiona Puntos de Encontro Familiar e centros de acollida residencial de protección de menores en Galicia.

A súa experiencia abrangue tanto a intervención directa con nenos, nenas e adolescentes como a xestión de recursos e equipos profesionais, achegando unha visión práctica e comprometida cos dereitos da infancia e co fortalecemento das familias.