Cristina Blanco
Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. No ano 1999 ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, dende onde desenvolvo diversos postos no ámbito dos recursos humanos e a xestión de axudas de I+D+i. No 2015 asumo a xefatura de servizo de Protección de Menores e en novembro do 2017 a subdirección xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia, dende onde se xestionan e coordinan todas as actuacións no ámbito de protección á infancia e á adolescencia en Galicia, o sistema de xustiza penal xuvenil e os programas de apoio á familia. Participo como docente, formadora e relatora en distintas actividades en materia de adopción e acollemento, preparación para a vida independente en mozos e mozas do sistema de protección, análise da normativa en materia de protección á infancia ou cuestións relacionadas co sistema de xustiza penal xuvenil.